Campión Liga 2017/18

Campión de Liga 2017/18!!


Todo escomezaba un 26 de xullo de 2017  e despois de mais de 100 adestramentos, 71 puntos colleitados..

De selo equipo mais goleador (83) da competición..
De selo equipo menos goleado (27) da competición..

O VELLE É NOVO EQUIPO DE PREFERENTE !!

Gracias, gracias e mil veces gracias a todolos aqueles que aportástedes o voso pequeno ou enorme gran de area para conseguilo retorno do Clube a unha categoría da que demostrou durante toda a tempada ser digno merecedor.

Directiva, coordinadores, corpo técnico, afición, patrocinadores, familias, entrenadores da base...pero sobre todo os XOGADORES, auténticos artífices deste ascenso. Podríamos nomear a cada un dos 30 que fixeron posible este reto pero caeríamos en individualizar un éxito do que todos son responsables por igual.

É un orgullo pertencer a este Clube, ó que seguro que o futuro lle depara moitas alegrías!

A por elo CD Velle! Forza Velle!!
Share by: