Felicitación Festas e Resume 2018

Felices Festas!!

Antes de nada agradecer os Pais, Nais, Xogadores e Directivos que niste 2018 creeron e compartiron os valores dun Clube tan familiar como Club Deportivo Velle. A todos vos Grazas!!

Iste ano 2018que está a piques de rematar foi un ano especial. Un ano que no apartado Deportivo podemos definir de “excelente”. Coa consecución, por parte do PRIMEIRO EQUIPO, do título ligueiro (primeiro na historia do clube), a chegada a final da Copa Deputacióne consecución do ansiado ascenso a Preferente, despois de nove anos de ausencia de CD Velle nesta categoría. E ademais facendo esta tempada, na que somos novatos, un papel mais que notable.

Pero tamén na “Escola de Fútbol de CD Velle” tivemos un papel destacado iste 2018 : cun equipo Xuvenil que conseguía o Título da Copa Deputación, un cadete que estivo a piques de conseguilo e un equipo benxamín que lograba alzarse co título de liga. Esta tempada temos opcións reais de lograr o “ascenso a liga galega” nalgunha das categorías que desputamos. O que fala e moi ben do oscuro e as veces pouco agradecido traballo co corpo técnico desta Escola está a levar “dende hai xa uns anos”. 

Agradecer a técnicos, xogadores por todo o logrado e por todo aquelo que estamos a piques de lograr!!

Pero tamén é iste ano 2018un “ano especial” no administrativo. Como xa sabedes dende o 1 de xullo, comezaba unha nova andadura cun novo equipo directivo.Non sen sobresaltos e con moito, moito traballo vamos sacando este clube, que é de todos, pouco a pouco adiante. Agradecer a labor desinteresada deste equipo directivo por todo o feito e polo moito que nos queda por facer.

¿Qué lle pedimos a este 2019 que estamos a piques de comezar??. A todos os Técnicos, Xogadores e Directivos lles pedimos: Esforzo e Compromiso: Esforzo e traballo para superar os retos deportivos o que nos enfrontamos: mantemento da categoría Preferente, levar a Escola de CD Velle onde merece estar un clube con 42 anos de historia. E tamén pedimos Implicación das Administracións Publicas para un clube base, modesto e familiar como é CD Velle. Que merece ter as mellores instalación e recursos para que sigamos, entre todos, facendo unha boa labor no Fútbol Base.

#ForzaVelle!!!!
Share by: