O noso "Corpo técnico"

Dispomos dun "corpo" de adestradores competentes, comprometidos co clube e as súas familias e experimentados na formación deportiva. A continuación, poderás coñecelos mais de preto.

Tempada 2018/19

David Rivo e Miguel Outeiriño

A andadura de CD Velle na Preferente Sur estará dirixida polo equipo técnico que forman David Rivo e Miguel Outeiriño. Dende a chegada o clube na tempada 2015/16 este equipo técnico logrou sempre mellorar os resultados da tempada anterior. Logrando este ano o froito de moito traballo un equipo que conseguiu o Campionato de Liga e foi finalista de Copa. 

Jorge de Dios e Jesus

Voltarán a repitir este ano no "Xuvenil A" o dúo formado por Jorge e Jesus. Este  xoven equipo técnico logrou este ano a Copa Deputación co Xuvenil A de CD Velle. Xuventude e Experiencia a partes iguais, garantia de éxito.

Milo e David

Este ano teremos un novo equipo en Terceira división provincial. O equipo estará baixo as ordes de Milo e David.

Categorias Cadete e Infantil 2018/19

Diego

O Cadete A estará baixo a dirección técnica dunha "nova fichaxe" para esta tempada 2018/19. Benvido Diego!!

Marcos

Un veterán da escola levará un ano mais, e será o terceiro consecutivo, o grupo de rapaces do 2010-2009. O equipo cadete está en boas máns!

Victor e David

Repitindo co equipo Infantil teremos a David e a nova "incorporación" de Victor. 

Estamos preparados para a tempada 2018/19. So nos falta ti...

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio Recomendar esta página Recomendar esta página
© Club Deportivo Velle

Web Oficial de Club Deportivo Velle