Entrevista Directiva C.D Velle

Esta Semana Entrevista con Alvaro González Vázquez

Alvaro González Vázquez

Comezamos o 2012 ca entrevista o infatigable Vicepresidente Álvaro González Vázquez, polivalente xogador do Velle Veteranos e máximo responsable da uniformidade do Club.

 

 

 

 

 



1. ¿Unha valoración do ano que acaba de rematar?

Bastante aceptable.

2. ¿Qué lle pides a iste novo 2012?

Saúde e traballo.

3. Eres o socio nº 4 do Club, ¿empezaches dende moi pequeño a sentir o Velle?

A moita honra, sinto o Cd. Velle dende que teño uso de razón.

4. ¿Cantas horas semanais adicas a Cd. Velle?

Vinte horas ou quizais máis.

5. ¿Cál é a túa comida favorita?

Lacón con grelos.          

6. Esta pregunta recomendáronme non facela ¿Madrid o Barça?

Madrid, por suposto.

7. ¿Foi difícil a loita por conseguir uniformar a todolos equipos?

Inda non rematou, pero si, é moi difícil, cuestión de tempo.

8. ¿Cómo conseguides reunir o diñeiro, con tantos equipos e unha situación tan delicada?

Con moito traballo, a verdade é que somos  unha directiva currante.

9. ¿Cales son os obxectivos do Club a corto prazo?

Que o Velle recupere o sitio que sempre tuvo, ser un dos mellores clubs da cidade.

10. ¿Para cando o novo local social?

Eu pensó que se fará nun futuro moi próximo, a verdade é que será espectacular, un luxo.

Grazas Álvaro, e a seguir traballando para que o Velle volva a brillar con luz propia no fútbol base.