Chegou o turno dos adestradores, e esta semana temos con nós a José Luis, “axudante” de J.M. Pico como a él lle gusta definirse, aínda que dende o Club pensamos que ten madeira de adestrador. Xogador do Velle Veteranos, onde ocupa a demarcación de mediocentro defensivo.

 

1. ¿Cantos anos levas loitando no fútbol base, e en cantos equipos estiveches antes de recalar no Velle?

Estou empezando coma quen di, fai dous anos que comenzei da man de Pico a finais de tempada, unha completa no Ourense e o que levamos desta no Velle. Un curriculo moi corto pero afortunado.

 

2. ¿Cales son as túas impresións do club tras cinco meses de estadía no mesmo? Dinos unha cousa que cambiarías.

Moi positivas, non esperaba xente tan implicada no Clube con tantas ganas de traballar, tampouco dispor dunhas instalacións coma as que temos -non só o campo-, son todo un luxo que se valora pouco. Cambiar non sabería decirche, pero millorar. . . o sistema de iluminación sen dúbida, tamén quitar os charcos cando chove da zona pavimentada non estaría mal.

 

3. ¿Algún día na semana que no te achegues a Velle?. Como compaxinas todo, traballo, adestramentos, peña…

Día que non vaia, puff moi poucos, moi poucos, igual algún domingo que o Velle xoga fóra, do resto adestramos tres días, xogamos outro, e sempre que podo, gústame ir ver como adestran os outros equipos para coñecer os rapaces, e aprender dos seus adestradores.

¿Tempo para todo? Non hai, quitarlle horas o sono, tamén e verdade que non teño outros “hobbies” lexos do balón.

 

4. Nin Madrid nin Barça, ¿De onde ven logo esa paixón polo Atlético de Madrid?.

Recordo dende neno ser do Atlético, inda que na miña casa de fútbol nada de nada. O primeiro recordo foi un partido dos melenas Ayala e compañía, en branco e negro inda, contra o Bilbao que acabou perdendo o Atleti 3-4 por mala sorte, despois xa de paus, ocasións, o árbitro, empatía co desafortunado supoño.

 

5. ¿Cál é a túa comida favorita?

Esa é facil: cigalas a prancha con moita sal e limón.

 

6. ¿Cál é o teu grupo musical favorito?

Ningún, non son nada melómano, na radio do coche levo programas deportivos e se non hai información xeral ou tertulias. Gostame o que soa en calquer lado, música comercial ou bandas sonoras das películas que me gostan. Sinxelamente prefiro ler a escoitar música.

 

7. Axudas a J.M. Pico no Infantil A, pero para cando o salto en solitario, mira Mourinho, Villas-Boas, ¿son para ti posibles exemplos a seguir?.

O otorrino de Pico díxolle que os seus oídos inda teñen corda para rato, así que non teño pensado deixar de aprender dil, que inda me queda un mundo. Cando empezei (fai nada), nunca pensara en adestrar en solitario, pero o ano pasado tivémonos que repartir, e asumir algúns partidos eu só, o gusaniño esta eí pero… só me irei cando Pico me diga que estou preparado non antes (salvo que o Sr. Coordinador do Velle me despida dispois xa desta entrevista claro).

Mourinho... non o vexo como exemplo de nada, e un impresentable e un producto de marketing da prensa afín o Madrid. De VilasBoas… xa veremos, co Porto fixo ben, pero no Chelsea... non vexo a ningún diles lidiando cunhos nenos a verdade… non me serven como referencia para adestrar na base (se acaso para polos como mal exemplo).

 

8. Tras un comezo difícil, todo parece indicar que o infantil “A” vai acadar meterse entre os cinco primeiros. ¿Sería unha desilusión non acadar o obxectivo proposto por J.M. Pico?

Todo… vexovos demasiado optimistas ¿botamos man da calculadora é do calendario jajaj?... Xa veremos, xa veremos, sigue estando igual de difícil que fai catro xornadas tras perder co Arrabaldo. Non se pode fallar máis e no único que pensamos e como derrotar o líder no vindeiro partido, non máis alá.

Pico e moito máis optimista ca min, e sempre tivo fe en chegar a xogar a fase de ascenso a Galega, pero eu non o vexo tan claro..., ben e certo que teño a sensación de que con máis tempo o principio (coñecer os rapaces, reforzar a plantilla e implantar o noso sistema de traballo) e unha pinga máis de sorte (demasiadas lesións) estaríamos bastante máis arriba e sen pasar agobios… pero os resultados foron os que foron e non hai volta.

 

9. Ti que pensas do Velle Veteranos ¿Acadarase a salvación o final da tempada? ¿Si Diego Martiñá esta no once, pódese chegar a loitar pola Copa?

Iso espero, e estou seguro que nos vamos salvar, atá de agora non vin ningún equipo moi superior o noso, nin o líder, perdéronse partidos por detalles, non porque os outros equipos foran superiores, en case todos os partidos tivemos chance pero..., o certo e que a pouco que entre a pelotiña, calidade teñen dabondo para non pasar apuros.

Con tal de sair no once ideal da xornada, Diego e capaz de traer a Copa o Monte da Aira e ascender il só o equipo a División de Honra jajjaja ... unha mágoa a súa mala sorte cas lesións.

 

10. Está moi próximo o teu cumpreanos, pide un desexo e un regalo, por que xa sabes que as véces, os sonos cúmprense…

Postos a soñar...que os nenos poidan xogar a fase final de ascenso a Galega. Seguro que non o olvidarían e compensaría todo o que lles fago sudar.

 

Moitas grazas José Luis por dedicarnos o teu tempo para facer esta entrevista, e a seguir traballando para que istes nenos sigan vindo con ilusión o Monte da Aira.